... ...

 

Introdución

A Delegación de Cultura traballa de forma incansable xunto con outras delegacións do noso Concello,cunha única finalidade, achegar unha oferta e programación cultural ós cidadáns ó longo de todo o ano.

 

Bibliotecas

As duas poblacións máis importantes do noso concello contan con bibliotecas municipais. A biblioteca de San Ciprián podemola atopar na segunda planta da Casa da Cultura, mentras que en Cervo ubícase no Centro Cultural e de Servizos a Cidadanía de Cervo (CCSCC). Máis de 11.000 libros a disposición dos lectores que o desexen.


Salas de exposicións

O Concello de Cervo dispón de diferentes edificios e salas capaces de albergar exposicións. Nesta sección nomeamos as salas máis usuais a hora de mostrar as obras dos artistas, todas elas suman máis de 900 m² a disposición da cultura, pero non debemos olvidar a posibilidade de poder contar con outras instalacións municipais como ben poden ser as antigas escolas que temos ó longo da nosa xeografía.


Sala Exposición Casa da Cultura
Na planta baixa da Casa da Cultura de San Ciprián podemos atopar unha pequena sala de exposicións dunhos 66 m² e onde duas das súas paredes son de cristal, algo a ter en conta en función da obra que se pretenda mostrar.

Auditorio Casa da Cultura
A Casa da Cultura de San Ciprián conta cun acolledor auditorio no que se realizan numerosas actividades no transcurrir do ano.

Antigas Carpinterías de Ribeira
Situadas onde fai anos se levantaban as antigas carpinterías de ribeira, estas instalacións contan cunha superficie de 231 m² que se emprega para aloxar diferentes exposicións nas épocas do ano onde a climatoloxía o permite.

Antiga Carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos
Esta gran nave situada nun entorno máxico e histórico e que nalgunha época foi a antiga carboeira do complexo industrial de Sargadelos conta cunha gran superficie expositiva, polo que dado as súas dimensións no seu interior solo se expoñen grandes obras.

Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo
Situada na capitalidade do municipio e no edificio anexo a Casa do Concello, a segunda planta do Centro Cultural e de Servizos a Cidadanía de Cervo (CCSCC) conta cunha pequena sala de 64 m² diseñada para a exposición de pequenas obras.

Novas

Entra aquí e coñece a actualidade cultural do noso concello, consulta as actividades, eventos,novas, programacións e ofertas culturais deseñadas para todos vos.
Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa