
Na parroquia de Cervo podemos visitar o seu casco urbano, rica en fermosa arquitectura civil tradicional; este lugar estructúrase ao redor dunha praza e nel abundan as vivendas de pedra coidadosamente restauradas e as rúas empedradas. En Cervo podemos, ademais, gozar de excursións a cabalo que parten desta vila e que percorren parte do Concello ou descansar na área recreativa de recente construción, situada na zona das Lobeiras.
- CIFRAS:
- Extensión: 8,18 Km2
- Poboación: 1183 habitantes.
- ALDEAS:
- A Langoira, A Rueta, A Senra, As Casas Novas, Cervo, Cuíña, Daián, Espiñeirido, Fontao, O Madeiro, O Penido, Río Covo e Vila de Suso.
- DE INTERESE:
- Igrexa de Sta. María (Cervo), capela de San Pedro (A Senra) e capela de San Xosé (Cervo), castro e praia de Rueta.
Vista de Cervo
Vista de Vila de Suso
Vistas de O Penido e Cuíña
Vista de Río Cobo