Historia Historia

Os territorios que actualmente abrangue o Concello de Cervo estaban inscritos no Antigo Réxime ás xurisdicións de San Ciprián e ao couto redondo (C.R.) de Burela; pertencendo ambas xurisdicións á provincia de Mondoñedo.

As distribucións territoriais, naquel momento, eran as seguintes:

Xurisdicións Parroquias Señorío
Burela C.R.BurelaS.S. e X.O. por don Joseph Ignacio Quiroga
San CipriánCasteloAb. e X.O: polo Rvdo. Obispo de Mondoñedo
San CipriánCervoAb. e X.O: polo Rvdo. Obispo de Mondoñedo
San CipriánLieiroAb. e X.O: polo Rvdo. Obispo de Mondoñedo
San CipriánRúaAb. e X.O: polo Rvdo. Obispo de Mondoñedo
San CipriánSargadelosAb. e X.O: polo Rvdo. Obispo de Mondoñedo
San CipriánVilaestrofeAb. e X.O: polo Rvdo. Obispo de Mondoñedo

Na primeira división de Galicia en concellos constitucionais, da que resultaron un total de 634 concellos, os actuais terreos deste Concello aparecen representados polo ‘Concello de Cervo’, que pertencía ao partido de Viveiro.

No 1822 fíxose a división de Galicia por provincias e o Concello de Cervo segue pertencendo ao partido de Viveiro, adscribíndose á provincia de Lugo.

No BOP de Lugo núm. 163, do 22 de novembro de 1835, publicouse un novo listado (asinado polo Marqués de Astariz e con data 20-12-1835) no que figuran dous concellos diferentes: o Concello de San Ciprián e o Concello de San Xulián de Nois; o primeiro incluía as parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe e o segundo incluía a parroquia de Santa María de Burela.

No BOP de Lugo núm. 88, do 18 de outubro de 1840, publicouse unha circular da Xunta de Goberno Provisoria de Lugo (de data 09-10-1840), pola cal se produciu unha nova reforma da división xudicial e municipal da provincia. En virtude desta circular, créase no partido xudicial de Viveiro o novo Concello de Cervo, que recolle o anterior Concello de Cervo e fai desaparecer o de Nois (deste xeito, a parroquia de Burela pasa a pertencer ao Concello de Cervo).

Xa que logo, dende o 1840 o Concello de Cervo estivo integrado polas seguintes parroquias: Castelo, Cervo, Burela, Lieiro, Rúa, Sargadelos e San Román. Esta situación mantívose invariable ata que, no ano 1994, a parroquia de Burela iniciou os trámites para segregarse como concello independente; este proceso finalizou no 2002, coa sinatura dun convenio entre a Xunta de Galicia, o Concello de Cervo e o novo Concello de Burela.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa